Blogia
Noticias de Monteporreiro

Realojo de los gitanos

As familias de etnia xitana do Vao realoxadas no barrio pontevedrés de Monteporreiro comunicáronlle onte á Vicepresidencia da Xunta a súa decisión de abandonar definitivamente as vivendas que a asignaran, ao considerar que o "contorno e o clima que se vive fai imposible a súa integración".

Así o trasladou o departamento autonómico nun comunicado, no que asegurou que se trata dunha "decisión voluntaria" dos afectados, "que a Xunta apoia por ser evidente a imposibilidade de integración nas actuais circunstancias". De feito, reiterou que nin este Gabinete nin a Consellería de Vivenda "teñen potestade para aplicar de- saloxos nin realoxos". Ademais, fixo un chamamento para que, "dende a responsabilidade", se facilite este proceso reintegrador.

Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, advertiu onte a todos os actores implicados no realoxar de familias xitanas do poboado do Vao (administracións, veciños e afectados) de que os procesos de integración "teñen que ser sempre consensuados" entre todas as partes."Estas cuestións hai que sacalas dos focos da controversia", engadiu tras ser preguntado polas declaracións do alcalde de Pontevedra o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, que aludiu á posibilidade de demandar á Vicepresidencia e á Consellería de Vivenda, ambas as dúas dirixidas polo BNG, en relación coa súa actuación neste caso. Neste sentido, incidiu en que traballarán "en silencio e con perseveranza" para lograr a integración destas familias, algúns das cales foron trasladas do Vao, en Poio, ao barrio de Monteporreiro. Este realoxar provocou as protestas dos veciños, aos que avala Fernández Lores.

Así mesmo, Quintana recordou que o Goberno galego carece de competencias na erradicación do chabolismo, labor que deben exercer os municipios. No entanto, remarcou que a Xunta "non eludirá responsabilidades" porque "quere estar ao lado dos concellos".

"O noso papel é apoiar os municipios para que os procesos de erradicación do chabolismo se leven o mellor posible e cumpran a súa función", sinalou en declaracións aos medios tras realizar unha visita ao encontro informático Xuventude Galiza Net.

2 comentarios

ogemoises -

Visita o Blog:

http://ticseoaneogemoises.blogspot.com/

Para continuar completando o Teu Blog

anxo -

me parece una verguenza que el ayuntamiento de poio se desaga de los gitanos ¬¬
metiendolos en monteporreiro =(